Xulio Lorenzo é un músico e compositor galego nacido en Louredo (Mos, Pontevedra). Como músico, fundou o grupo Xabenga Folk e tamén participou en grupos locais de gran recoñecemento na tradición musical galega (Arume de Guizán, Donicelas), así como acompañando a numerosos artistas. Como compositor, é autor de varias obras tanto para gaita como para frauta doce, destacando a “Muiñeira de Mos” e a “Alborada Camiño da Rosa” dedicadas ao seu pobo, esta última presentada coa colaboración dos grupos de gaitas de Mos.No ano 2015 comeza unha aventura musical en Brasil e, de volta en Galicia, é convidado a viaxar de novo, esta vez a Italia onde fai unha xira polo sur da man do grupo napolitano Brigan.A finais dese mesmo ano, Xulio Lorenzo decide dar forma as súas composicións reunindo a un equipo formado por grandes músicos do panorama musical actual: Paco Dicenta (baixo eléctrico), Ioana Pérez (violín), Diego Bea (guitarra), Roberto Comesaña (acordeón), David Outumuro (percusión) e Alberto Vilas (piano). Para o seu primeiro traballo discográfico, “Cantos da Ialma” (2017), Xulio contou con grandísimos artistas convidados como Bieito Romero (Luar na Lubre), Marcos Campos (Crema de Gaita, Riobó), Pedro Fariñas (Trim, Transilvanians), Noelia Álvarez Rodríguez-Osorio (Two in the Mirror), Marisé Balado (Arume, SonDeSeu), Francesco Di Cristofaro (Brigan), Alberto Vilas (Tangata) e a Banda de Gaitas Xarabal (Vigo).
Contratación
Asociación Cultural Xabenga Xulio Lorenzo 656 715 475 info@xuliolorenzo.com