• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Daniel Pereira

Pianista, profesor e investigador, Daniel Pereira realizou un doutorado en artes musicais na Universidade de Maryland, un máster na Universidade de Hartford e un diploma de artista na Universidade Estatal de Nova York, despois de estudiar no Conservatorio Superior de Vigo. Pereira editou o dobre CD “90: Scriabin Complete Piano Preludes”, para Odradek Records, sobre o que Melómano destaca o seu "pianismo realmente delicioso" e Ritmo sinala que "nos ofrece o mellor de si tocando a alma de cada obra".

Pereira formouse en festivais en España, Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Suíza, República Checa, Brasil e EEUU. Participa como profesor no International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM), na Turtle Bay Music School de Nova York e na Universidade Federal de Minas Xerais en Brasil. Realizou unha extensa investigación sobre escolas pianísticas nos International Piano Archives at Maryland (IPAM) nos EEUU, que publica o seu proxecto Tradicións Pianísticas, así como Melómano Digital en España. International Piano publicou o artigo “Rooted in Tradition” sobre o mesmo. Pereira editou ‘We Can’t Always Play Waltzes’ para Carl Fischer e ‘The Teaching of Alfred Cortot’ para Clavier Companion.

Daniel Pereira viviu 14 anos nos EEUU e tamén en Londres, onde exerceu como mestre no WKMT. Foi pianista da ESAD de Málaga e do Real Conservatorio de Danza Mariemma de Madrid. Actualmente, é profesor do Conservatorio Profesional de Vigo.



Contratación

Daniel Pereira
663 977 818
piano@daniel-pereira.com

Discografía

90 - Scriabin Complete Piano Preludes

DANIEL PEREIRA

2020, Odradek Records

Vídeos

90 - Scriabin Complete Piano Preludes - TRAILER Español

DANIEL PEREIRA

Tal vez tamén che gusten