Kin García Trío, atópase en activo desde 2006, coa publicación do seu primeiro álbum “O lobo morde a man” (Audia Records, 2006), no que acompañan a este contrabaixista coruñés Andrés Rivas (batería) e Gabriel Evens (piano). Un álbum que representa en forma de jazz a metáfora da falta de sensibilidade do home coa natureza que o rodea, a partir de cinco temas asinados polo contrabaixista, dous estándares (Solar e Time Remembered) e unha composición do pianista norteamericano Gabriel Evens.Seis anos despois edita o seu segundo disco “Accipiter gentilis” (Audia Records, 2012) acompañado nesta aventura por Noli Torres (batería) e Jacobo de Miguel (piano), no que o artista combina as súas dúas paixóns, o jazz e a cetraría. Neste álbum atopámonos con oito pezas, todas elas orixinais de Kin, nas que fai referencia a algunha das aves máis utilizadas na cetraría galega. Trátase dun disco amable, sinxelo, onde aparece o jazz de evidentes influencias europeas, moi ben traballado, pero que escapa das complicacións innecesarias para dar paso a unha música que flúe suave e elegante como o voo dunha ave.
Contratación