• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nerea Rodríguez

A acodeonista Nerea Rodríguez Núñez (Pontevedra, 1993) comezou os seus estudos no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra con Marcos Padrón, onde obtivo o premio extraordinario de fin de grao.

Participou en concertos celebrados no Teatro La Estación, o Auditorio Eduardo del Pueyo, a Sala Mozart e o Auditorio de Ibercaja en Zaragoza ou na Fundación Juan March de Madrid, entre outros, ademais de actuar como solista coa Orquesta del Curso Internacional de Música de Segovia, dirixida por Manuel Tevar, e a Orquesta JOBS de Zaragoza, dirixida por Antonio Lajara, no Auditorio de León.

En 2014 foi seleccionada para participa no IV Festival de Peregrinos Musicais o que a levou a tocar a solo na Casa do Saber de Lugo e diferentes lugares de Santiago de Compostela como a Catedral, o Teatro Principal ou a Cidade da Cultura, onde colaborou con membros das fundacións Rostropovich e Spivakov.

Recentemente obtivo unha bolsa de estudos no Festival Internacional de Livorno (Italia), e obtivo o 1º premio no XXV Certame Nacional de Acordeón e unha mención de honra no Concurso Internacional Arjau (Categoría IV, ata 29 anos); tamén foi seleccionada para participar no Torneo Internacional de Música en Roma e invitada ao Festival Internacional de Acordeón en Kiev (2016).

Estreou obras de compositores coma P. Busseuil, C. Cerezo y O. Escudero, entre outros.

En 2014 finalizou os seus estudos no CSMA e actualmente estuda un máster no Centro Superior Katarina Gurska (Madrid) con A. L. Castaño.

Contratación

Nerea Rodríguez
(+34) 636 296 813
nerearodriguez.93@gmail.com

Vídeos

"Laureates", nuestros premiados.

NEREA RODRÍGUEZ

Anantango

DÚO FÍRVEDA

De profundis

NEREA RODRÍGUEZ

Tal vez tamén che gusten

Javier Otero Neira

Dúo Fírveda: Marina Hermida & Nerea Rodríguez

Fernando Pérez Fernández

Grupo de Música Antiga 1500

Nuria Lorenzo López (mezzosoprano)