• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Paula Ríos

Descrita como unha intérprete de forte personalidade, refinada técnica e orixinalidade nas súas propostas, Paula Ríos actúa en España, Reino Unido, Francia, Suíza, Alemaña, Portugal e Arxentina, e grava para RNE, TVE, Radio Suisse Romande, TVG, IB3 e RG.

Vén de publicar o CD "When in silence of the soul" (Eudora Records) dedicado a Fanny Mendelssohn incluíndo primeiras gravacións e a Ostersonate, que estrenou en España e Portugal baixo a súa correcta autoría.

O seu CD «Cantar con los dedos», dedicado a Chopin e outros virtuosos do seu círculo, levouna a París, Londres e Madrid. Paula presentou o seu primeiro CD «Chopin en Mallorca» (Museo Chopin Valldemossa) na Chopin Society de Londres co piano do compositor.

Amais, Paula investiga o nacionalismo e as vangardas en España. É convidada a dar conferencias e leva a cabo proxectos con danza. O CD «Viento de Plata» recupera a obra de Jesús Bal y Gay e Rosa García Ascot, compositores da Xeración do 27.

Paula Ríos obtén Premio Extraordinario Fin de Carreira no CSM de Vigo con Constantino Pérez, e continúa a súa formación na Musik-Akademie der Stadt Basel (Suíza) con László Gyimesi e Rudolf Buchbinder, onde recibe o Diploma de Concerto e completa os estudos de Solista. Complementa a súa formación con Claudio Martínez-Mehner e participa en clases maxistrais de Elisabeth Leonskaja, Alicia de Larrocha e Piotr Anderszewski, entre outros. Obtén premios e bolsas da Schweizerische Interpretenstiftung, Lyra Stiftung, Fundación Gil Dávila, Caixanova e Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Contratación

Da Capo al Fine

julio@dacapoalfine.es

Discografía

When in silence of the soul. Fanny Mendelssohn piano works

PAULA RÍOS

2023, Eudora Records

Cantar con los dedos

PAULA RÍOS

2017, Calanda Music

Viento de Plata

PAULA RÍOS, EVA JUÁREZ, SOPRANO

2015, Columna Música

Chopin en Mallorca

PAULA RÍOS

2010, Museo Chopin Valldemossa

Vídeos

Erik Satie y la Generación del 27. Coloquio internacional UCM (Madrid) "Música en los márgenes. Reflejos de Erik Satie en la creación artística"

PAULA RÍOS

Paula Ríos recital en St Martin-in-the-Fields, Londres (ILAMS)

PAULA RÍOS

"Viento de Plata" e o piano de Lorca na Residencia de Estudiantes. Telediario de TVE

PAULA RÍOS

Frédéric Chopin, Grande polonaise brillante Op. 22

PAULA RÍOS

Rosa García Ascot Petite Suite: I. Allegro RNE

PAULA RÍOS

Franz Liszt Sonata

PAULA RÍOS

Tal vez tamén che gusten