• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Felipe Villar Trío

O guitarrista Felipe Villar (Vigo, 1976) comeza na música estudando guitarra clásica no conservatorio e, despois dun longo periplo autodidacta polos terreos do blues e do funk, interésase polo jazz. Obtén a súa Licenciatura en Jazz pola ESMAE (Porto) no ano 2011, aínda que comezou nisto do jazz da man do SPJ e da Estudio Escola de Música con mestres coma Abe Rábade, Paco Charlín ou Suso Atanes. Recibiu clases de xente coma Nuno Ferreira, Jordi Rossy, Peter Bernstein, Michael Kanan, Jonathan Kreisberg, Lage Lund, Walter Smith, Marcus Strickland, Mike Moreno, Jonathan Blake, Dave Liebman, Gilad Heckselman ou Greg Ruggiero, entre os destacados dunha listaxe interminable.

Participa en bandas coma Alberto Vilas Quinteto, Rua da Alegria, Proxecto Lusogalaico, ESMAE Big Band, Javier Marcos Trio, Jazzología, Antonio Otero Quartet, The Groove Project, Ten Jazz Men... Ten participado nos principais festivais e locais de jazz de Galicia, España e Portugal: Festival de Jazz de Pontevedra, Festival de Jazz de Lugo, Nigranjazz, Imaxina Sons, Casa da Música (Porto), Xancarajazz, Filloa, Clavicembalo, Dado Dadá...

Co seu trío vén de gravar en xaneiro de 2014 o que será o seu primeiro disco coma líder: "Home", acompañado por Max Gómez na batería e José Manuel Díaz no contrabaixo. Un disco que ante todo pretende ser moi honesto, gravado en directo no estudio da súa casa, e que trata de achegarse ao son de dous dos seus grandes heroes: Jim Hall e Peter Bernstein.

Contratación

Felipe Villar Andrade
(+34) 886 118 218 - (+34) 653 533 082
info@felipevillar.es

Discografía

Outro

FELIPE VILLAR TRÍO

2015, FreeCode Jazz Records

Home

FELIPE VILLAR TRÍO

2014, Free Code Jazz Records

Vídeos

Bigman

FELIPE VILLAR TRÍO

Outro

FELIPE VILLAR TRÍO

Home

FELIPE VILLAR TRÍO

Tal vez tamén che gusten