• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ruxe Ruxe

Ruxe Ruxe é sen dúbida a banda referente do rock galego. Con 23 anos de traxectoria, 11 LPs no mercado e máis de duascentas cancións orixinais publicadas, están no seu mellor momento. Con enerxías renovadas, en febreiro de 2020 presentan o seu novo disco, «O estraño falar dun monstro da aldea» (2020), gravado nos Estudios Garate de Andoain (Guipúscoa) con Kaki Arkarazo.

Ruxe Ruxe é por méritos propios unha das bandas galegas máis lendarias, movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do políticamente correcto. Co espírito de loita por bandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sincero, directo e emocional, a esencia do ADN dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron desde os seus inicios no ano 96.

Ruxe Ruxe foi, é e será unha banda de culto. As súas cancións son banda sonora en películas, anuncios de TV e programas deportivos, e xa forman parte da memoria colectiva dunha parroquia de galegos e galegas que sempre lles agasalla o seu cariño, admiración e respecto.

Tocaron en incontables festivais do país e fixeron xiras que os levaron ininterrumpidamente polos mellores escenarios, tamén alén das nosas fronteiras e sempre con moi boa acollida tanto polo público como pola crítica. Colaboraron con bandas como Boikot ou Siniestro Total e teñen compartido palco con Molotov, Gwendal, Wolfstone, Status Quo, Reincidentes ou Def con Dos, entre outros.

Contratación

Luneda Producións
Aitana Cuétara
(+34) 646 165 044
aitana@luneda.gal

Discografía

20''

RUXE RUXE

2016, Ruxe Ruxe

Un Mundo Perfecto

RUXE RUXE

2015, Lobicán Records

Némesis

RUXE RUXE

2014, Lobican Records

Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras

RUXE RUXE

2012, Lobican Records

Na fura de diante

RUXE RUXE

2010, Lobican Records

Xigantes

RUXE RUXE

2008, PAI Música

Comercial

RUXE RUXE

2006, PAI Música

Fervendo

RUXE RUXE

2004, PAI Música

Vídeos

Sae o Sol

RUXE RUXE

Dodge Charger

RUXE RUXE

Non Temos Medo

RUXE RUXE

Nada Máis

RUXE RUXE

Na miña taberna

RUXE RUXE

Cancións ceibes

RUXE RUXE

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

Cloaca

Cool Funeral

Cuchillo de Fuego

Deleiba