Nos tres anos que levan tocando xuntos, a colleita de Xose Lois García (guitarra), Álvaro Gallego (baixo), Berto (batería) e Juanes (voz) non podería ser mellor. Xurdidos das entrañas do Liceo Mutante (Pontevedra), centro social autoxestionado e fonte de cultura e arte, os seus membros acreditan multitude de experiencias musicais (Guerrera, Djalminha, Collares de Perlas, Sierpes De La Luz), así coma traballos en outras disciplinas como a autoedición e a ilustración.Cuchillo de Fuego arrastra desde os seus primeiros pasos unha afición apaixoada e en continuo crecemento. O seu primeiro LP, “Triple España” (2014), foi aclamado unanimemente por crítica e público. “Non dura nin media hora, pero vale o seu tempo en ouro: un exabrupto de rock cabreado, chameante, sulfúrico e hipereléctrico”, diría Rockdelux; ou “Expansivos, cabreados, cheos de humor agridulce e (auto)crítica social e persoal, son desde xa unha de esas bandas vitais e necesarias capaces de definir a súa época”, segundo Kaputt Magazine.
Contratación
HumoPablo 685 388 508 pablo@somoshumo.com