
Vox Stellae é un grupo vocal que nace en 2002. Un dos seus sinais de identidade -amais da interpretación do repertorio renacentista e barroco- é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular, grazas á versatilidade e ampla formación vocal e instrumental dos seus membros. Amais de ofrecer concertos regularmente por toda a xeografía galega, ten participado en actos institucionais e interpretou programas didácticos ante máis de 2.000 escolares. Ten actuado en ciclos e festivais como: "Vía Stellae", "Terra da Fraternidade", “Espazos Sonoros”, “Semana Internacional de Música de La Laguna”, “Festival Internacional Provincia de Palencia”, “Festival de Música Vocal de Castilla y León”, “Outono dos sentidos” na Ribeira Sacra... e as tempadas de abono das Sociedades Filarmónicas de Monforte, Ferrol e Vigo.Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas diversos como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Os Menestreis de 1500, Finis Terrae Brass, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Mercedes Hernández, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.En 2013 presentou o seu primeiro disco: "Defensor alme Hispaniae", con música inédita do mestre da catedral de Tui Matías García Benayas (+1737).
Contratación
Jenios SLNieves García-Soto (+34) 649 370 505 - (+34) 609 847 906 voxstellae@gmail.com / jenios62@yahoo.es