
A orquestra clásica Lugo Camerata nace dunha inquedanza común de xestores culturais e músicos profesionais lucenses por dotar á cidade e a súa provincia dunha referencia na música clásica coa que poder identificarse e da que seren partícipes.
Así mesmo, a LUCA busca o desenvolvemento e a potenciación da cultura musical e pretende contribuír á construción dunha base sólida en canto a programación e oferta, ademais de fomentar o talento local e a súa profesionalización.
A LUCA aspira a converterse nun espacio de creación, de estudo e de traballo en constante evolución; nun encontro e intercambio musical, cultural e social; nun espazo dinámico, aberto e proactivo.
Un dos seus obxectivos máis importantes é a recuperación e promoción de compositores lucenses, dando prioridade ás súas obras coa súa interpretación e difusión.
Contratación
Asociación Cultural Órbita. Centro de Producción y Creación Cultural
María Valcárcel Tabernero /Enrique Bonet Gago
647 163 629
- 677 533 840
m.valcarcel@lucaorquesta.es / e.bonet@lucaorquesta.es