• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
O Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín nace no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions.

Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. 

Despiden o 2010 cunha xira por Portugal que os levou desde a septentrional Chaves ata a meridional Tavira pasando por Amarante ou Péso da Regua. 

No 2011 adícanse completamente á preparación e gravación do seu 1º disco “A onda sonora (chega do interior)”, nos Garate Studios (Euzkadi), con Kaki Azkarazo, para presentalo ao mundo.

O Sonoro Maxín é único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos e de festa, acuñando e empregando nos seus concertos o termo “Galicia Tropical”

Contratación

Culturactiva SCG
Manuel Roxo
(+34) 981 582 836 - (+34) 619 933 348
info@culturactiva.org

Discografía

Setedezasete

O SONORO MAXÍN

2017, Inquedanzas Sonoras

A onda sonora (Chega do interior)

O SONORO MAXÍN

2012, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

Dou mil voltas

O SONORO MAXÍN

Así se constrúe unha bomba

O SONORO MAXÍN

Zapatos vellos + O tequetengo

O SONORO MAXÍN

Quérote máis

O SONORO MAXÍN

Tal vez tamén che gusten