Bolboreta é a palabra favorita de Lydia Botana, multinstrumentista (acordeón, piano, guitarra, ukelele e percusión), compositora e cantante, natural da Coruña e cidadá do mundo, moi comprometida coa educación para conseguir facer un mundo mellor polo que tamén fai música para público infantil.Os concertos de Bolboreta son unha macedonia de música mestiza! World music que fusiona diferentes xéneros como o reggae, a música latina, o rap, a rumba ou a cumbia. Tamén versionando temas tradicionais galegos como “Túa nai é meiga” ou o reggae de Bob Marley.As cancións falan sobre o respecto entre culturas do mundo en igualdade, un canto para superar as adversidades da vida sempre con optimismo e esperanza. Tomando o castelán e o galego como base para os textos, tamén se fusionan letras en italiano, francés e inglés.Desde o ano 2013, Bolboreta, ten revoado por festivais, escolas e salas de concertos en varias xiras internacionais que fixeron chegar a súa música a lugares como Francia, Marrocos, Italia, Xapón, Dinamarca, Níxer, Chile, Luxemburgo, Costa do Marfil, etc. Colaborou con artistas como: Gogol Bordello, Gambeat (Manu Chao / Mano Negra), Desorden Público, Amparanoia, La Pegatina ou Green Valley.Algúns dos seus discos son: “Metamorfose” (2015), “Vuelo” (Kasba Music, 2017), “DjClick & Bolboreta” (No Fridge, 2019).
Contratación
BolboretaLydia Botana bolboretamusic@gmail.com