• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Marcel Pascual

Percusionista, vibrafonista e compositor nado en Barcelona en 1985 e residente en Galicia desde 2017. Actualmente está centrado no seu proxecto jazzístico, Marcel Pascual Quinteto, presentando o seu último disco, “Fluctuaciones” (Tiny Moon Records, 2022), acompañado do saxofonista Diego Alonso, o pianista Martín Otero, o contrabaixista Alfonso Calvo e o batería Miguel Cabana.

A súa actividade como percusionista e vibrafonista lévao tamén a participar en diferentes ámbitos ao longo da súa carreira, como a música clásica-contemporánea (Orquestra Simfònica del Vallés, Orquestra Nacional d’Andorra, Percussions de Barcelona, BCN216, OCTO Percussion Group), jazz-moderna e músicas do mundo (Marcel Pascual Quartet, Marés Sonoras, Ekilatrio, Eduard Iniesta, Bloque 53, Gio Yáñez, Eladio Díaz) e espectáculos escénicos e educativos (LLAC, Palau de la Música Catalana, L’Auditori). Como compositor traballa tanto para proxectos de jazz e música moderna como para os seus propios proxectos (Portanto, Fluctuaciones, Marés Sonoras); producións audiovisuais como as longametraxes ‘Matria’, ¡¿Qué hicimos mal?’ e ‘A media voz’, e as curtametraxes ‘Primates’ e ‘Mutilados’; así como en pezas educativas de percusión e de música de cámara, algunhas das cales están publicadas pola editorial Dos Acordes.

Marcel Pascual é titulado en Pedagoxía da Percusión pola Escola Superior de Música de Catalunya, Vibráfono Jazz pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Oporto e Batería Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Contratación

Marcel Pascual Royo
655 371 023
marcelpascualroyo@gmail.com

Discografía

Fluctuaciones

MARCEL PASCUAL

2022, Tiny Moon Records

Portanto

MARCEL PASCUAL

2015, Free Code Jazz Records

Vídeos

Un Aire Trist

MARCEL PASCUAL QUINTETO

FLUCTUACIONES - Live at Jazz Filloa (Highlights)

MARCEL PASCUAL QUINTETO

FLUCTUACIONES - Teaser

MARCEL PASCUAL QUINTETO

Convulsivamente

MARCEL PASCUAL QUINTETO

Tal vez tamén che gusten