• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Juyma Estévez Trío

Juyma Estévez é un contrabaixista de Bueu cunha ampla experiencia non só no mundo do jazz senón tamén do clásico ou do rock.

Formouse inicialmente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e nos conservatorios de Pontevedra e Santiago (onde obtivo o Título Profesional de Música) para despois trasladarse a Donostia onde obtivo o Título Superior de Música (especialidade contrabaixo jazz) en Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco).

Tocou nalgúns dos festivais de jazz máis importantes do estado (Heineken Jazzaldia de San Sebastián, Festival de Jazz de Palma de Mallorca, Canjazz, Pontejazz, Imaxinasons, Nigrán Jazz, etc.) acompañando a diferentes artistas, así como en infinidade de clubes (Altxerri Jazz Club, Bilbaina Jazz Club, Filloa, Xancarajazz, Clavicembalo, Contrabajo, etc.)

Gravou con numerosas formacións que abranguen dende o jazz de Lakunza Brothers (gañadores do Premio Impulse Jazz 2011), Marcos Pin Standars Trío (2013), David Regueiro Swintet ("On Stage" 2014) ata o Folk de Xabi Aburruzaga ("Neure" 2013) ou o clásico da JOSG por exemplo.

Como arranxista e compositor para Big Band destaca "Montañas de holas a dioses" que foi estreada no Teatro dos Campos Elíseos de Bilbao no 2013 pola Big Band de Musikene dirixida por Bob Sands.

No ano 2013 regresa a Galicia onde forma Juyma Estévez Trío xunto o pianista Alberto Vilas e o batería Max Gómez. Formación coa que gravou o seu primeiro disco coma líder ("Océanos de porcelana" 2014) e onde interpretan temas orixinais de Juyma Estévez.

Contratación

Juyma Estévez
(+34) 698 152 560
oceanosdeporcelana9@yahoo.es

Discografía

Océanos de porcelana

JUYMA ESTÉVEZ TRÍO

2014, Free Code Jazz Records

Vídeos

La casualidad de mi vida II

JUYMA ESTÉVEZ TRÍO

Nostalgia

JUYMA ESTÉVEZ QUINTET

Tal vez tamén che gusten