• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
APHONNIC

Despois de tres discos editados: "Silennce" (Pai Música, 2003), "Foolproof" (autoeditado, 2006) e "6 Bajo Par" (autoeditado, 2009), Aphonnic presenta en 2013 o seu cuarto disco, titulado "Héroes". Producido por Vasco Ramos (More Than a Thousand), coproducido por Dani Obenza, gravado nos estudios Poison Apple de Lisboa (Portugal) e mesturado e masterizado por Paul Leavitt nos Valencia Recording Studios ¬ U.S.A. (All Time Low, Circa Survive, Darkest Hour…).

Un novo disco coidado ao milímetro en cada un dos once cortes que o compoñen. Tanto Vasco Ramos como Dani Obenza deron unha frescura inigualable a este novo traballo, que dará moito que falar. Potencia, agresividade, melodía e sentimento danse cita en "Héroes". Letras de rabiosa actualidade cun punto de vista diferente, outra prespectiva, outra volta de rosca.

Despois de máis dun cento de concertos por todo o territorio nacional compartindo escenario e acompañando en moitos casos a grupos do talle de Hamlet, Sober, S.A., Berri Txarrak, Angelus Apatrida, Skizoo, Habeas Corpus, Def Con Cos, Reincidentes, Boikot…; despois de poder asistir a festivais como o Derrame Rock ou o Resurrection Fest e tocar no mesmo escenario que grupos internacionais como Down, Enter Shikari, Gallows, Heaven Shall Burn e un longo etcétera, Aphonnic disponse a afrontar a que é sen dúbida a súa aposta máis ambiciosa en todos os sentidos, o seu disco "Héroes".

Contratación

Jesús SanXoán Domínguez
Jesús
(+34) 650 028 051
aphonnicvigo@gmail.com

Discografía

La Reina

APHONNIC

2020, APHONNIC

Indomables

APHONNIC

2016, Maldito Records, S.L.

Héroes

APHONNIC

2013, Aphonnic

6 bajo par

APHONNIC

2008, Producciones Malditas

Foolproof!

APHONNIC

2006, K-Industria

Silennce

APHONNIC

2004, Pai Música

Vídeos

En Globo

APHONNIC

Cunfía

APHONNIC

Ombligos

APHONNIC

Mi capitán

APHONNIC

Jerry

APHONNIC

Amore

APHONNIC

Tal vez tamén che gusten