Chotokoeu nace como grupo de percusión da man de Brais e Rubén a mediados de 2007. Pouco a pouco vanse sumando músicos ao proxecto e comeza a súa andadura por bares e festivais de Galicia. Será no ano 2009 cando gañan o concurso Galiza Crea, o que facía pensar que a banda ía por un bo camiño. Co paso do tempo e case sen darse conta comeza a xestarse unha familia musical que vai collendo a forma dun proxecto diferente e orixinal. A formación está composta por Marta Seco (violín e voz), Brais López (saxo e ordenador), Manuel Fonte (guitarra e teclado), Guillermo Giadanes (guitarra), David Fernández (baixo e voz), Rubén Capelán (batería) e Carlos Argibay (percusión).A súa proposta musical é variada e para todos os públicos: unha viaxe polas músicas do mundo (reggae, ska, klezmer, balkan, swing e folk) mesturada con eletrónica (electro-swing, drum & bass).Concertos: Chotokoeu levou o seu show ás mellores salas e festivais de toda Galicia e parte de España (Reperkusión, Castelo Rock, Pardiñas, Antrospinos, etc.). Con proxección europea e internacional, a banda leva feitos 5 tours por Europa (en 2014 foi o quinto), cos que deron máis de 60 concertos en 6 países (Bélxica, Holanda, Alemaña, Inglaterra, Suíza e Italia).Chotokoeu é considerada unha das bandas máis activas do panorama musical galego, un colectivo disposto a traballar duro por e para a música cun proxecto directo e orixinal, decidido a contaxiar de enerxía, festa e alegría a todo o mundo.
Contratación
CHOTOKOEUGuillermo Giadanes (+34) 629 743 680 - (+34) 622 122 898 booking@chotokoeu.com