• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Amesmalúa

Amesmalúa é unha banda de músicos de distintas orixes que propón unha viaxe de encontros, unha maridaxe de memoria e paixón entre o flamenco e a canción popular galega, unha aposta polas músicas improvisadas con raíces no folclore. Amesmalúa ten temas propios, e tamén coplas populares, cantigas e adaptacións, sempre coa súa pegada e o seu carácter aberto, mestizo e creador. Voces acompañadas polo inconfundible son dunha excepcional guitarra flamenca e uns ventos prodixiosos, sempre con espazos para a improvisación entre acentos flamencos, jazzísticos e percusión étnica. A un paso da picaresca e a outro da melancolía, entre o xesto cómplice e festivo e o misterio de fábulas e lendas.

En 2013, o grupo autoproduciu o seu disco "La misma Luna", editado vía crowfunding e distribuído pola compañía 18 Chulos Records. Con este primeiro disco, déronse a coñecer en España en multitude de teatros e festivais: Teatro Colón na Coruña, Womad en Cáceres, Ritmos Étnicos de Radio 3, Sala Berlanga en Madrid, Festival Estivalia en Extremadura, Teatro Corral de Comedias en Alcalá de Henares, Festival Sons Tránsitos, Teatro Principal en Santiago de Compostela... Pero tamén no estranxeiro, destacando a súa participación no festival Womad de Charlton Park en Inglaterra, e o seu concerto no Argel grazas á Embaixada e ao Instituto Cervantes en abril do 2014.

Contratación

Gautama del Campo
(+34) 639 991 090 - (+34) 696 150 045
gautamadelcampo@hotmail.com

Discografía

La misma luna

AMESMALÚA

2013, 18Chulos

Vídeos

O gaio verde

AMESMALÚA

Chocolate con veneno

AMESMALÚA

Lela

AMESMALÚA

Tal vez tamén che gusten