ARIFI é un proxecto de músicas de raíz-fusión creado recentemente. Aínda que nace en Galicia, o grupo está formado por músicos de moi diversas orixes: Venezuela, Bielorrusia e diferentes cidades de Galicia, ademais de contar con colaboracións de músicos de terras mediterráneas, como Ramy Malouf, frautista libanés.E é cara a este mar, o Mediterráneo, ao que mira a música de ARIFI, xa que fusiona músicas de raíz, partindo do norte da península, con ritmos e sonoridades árabe-andalusíes e outros ritmos máis actuais, ademais da creación de temas propios.O grupo está a recibir unha moi boa acollida de público e crítica e, con tan só un ano desde a súa presentación, xa actuaron en salas, festivais e teatros de toda a península (Teatro de Barakaldo, Sala Altxerri Donostia, Centro Niemeyer Avilés, Festival Burgo Jazz, Noite Branca Vigo, etc.). A clave do seu éxito está na orixinalidade do proxecto, a atractiva sonoridade e a posta en escena, onde a danza oriental e a fusión teñen unha presenza importante.
Contratación
Iria Estévez (+34) 690 773 230 arifimusic@gmail.com