Mr. Magoo nace en Pontevedra hai máis dunha década, aínda que foi mutando de compoñentes ata establecerse no quinteto composto por Koldo (batería), Luis (guitarra), Natxo (baixo), Patricia (voz, percusións) e Rafa (voz, guitarra).Despois de anos de concertos pola xeografía galega e cambios de formación rexistran " Chicos, no sabéis lo que me pasó” (2011) e posteriormente " Aux barricades" (2015), ámbolos CD autoeditados. Algunhas destas cancións, e outros temas inéditos, compoñerían un disco recompilatorio chamado “minor hits” (2016), só dispoñible no seu Bandcamp. Reconvertidos en power-trio, en 2017 gravan de novo 4 temas que reúnen baixo o nome de “Low Cost Lovers”.No 2019 volven á carga para presentar a súa longa duración “Hidden Port” editado polo selo almeriense Clifford Records en LP e CD. Gravado nos estudos Terraforma (Hio-Cangas), baixo a produción de Ibán Pérez, Mr. Magoo reúne un puñado de cancións que deixan entrever as súas influencias que beben do rock e o pop guitarreiro clásico. Os temas debátense entre a luminosidade das acougadas augas estivais ata as tormentas eléctricas que no inverno azoutan o “porto escondido” que agora che descobren.
Contratación
Rafael Tenorio Aranguren / José Luis Gómez Gesteira (+34) 627 811 129 - (+34) 606 237 643 chezmagoo@gmail.com