“Rock & Love” (2018) é o título do terceiro disco da artista galega Patricia Moon. Gravado e producido por Álvaro Villagra (Grammy polo álbum “Supernatural” de Santana) e Nelson Pombal nos Estudios del Abasto al Paso Monsterland (Buenos Aires), contou coa colaboración de músicos de primeiro nivel como Fernando Samalea na batería e percusións, Juanse (Ratones Paranoicos) ao baixo e Miguel Ángel Tallarita na trompeta, entre outros.Catro músicos no escenario, Patricia Moon na voz, teclados e violín, e acompañada por unha batería, guitarra e baixo presentarán este traballo que inclúe temas en castellano, unha novidade na música de Patricia Moon. “A sorpresa dun xénero ata agora descoñecido” ou “Música sen etiquetas” son só algúns dos termos cos que a prensa bautizou a música de Patricia Moon, quen destaca polas súas mesturas de diversos xéneros musicais, directamente desde a lúa e a cabalo entre o soul, música clásica, o R&B e o rock ‘n’ roll. Un son duro con letras cheas de tinguiduras persoais, cordas, teclas e vento compasados cunha voz contundente que comparan coa da diva do soul, Amy Winehouse.Patricia Moon é diferente ao resto, todo iso, froito dunha carreira profesional do máis variada, reunindo conceptos que poucos se arriscaron a mesturar.
Contratación
Raquel Robledo Production + 34 606 400 064 - + 34 886 117 898 management@patriciamoon.es