
O Val das Mouras é unha formación pop-folk de raíces atlánticas que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro. Dous anos despois da publicación do seu primeiro disco, “Rosalía” (Cases de la Música, 2015), que os levou a compartir escenario con Cristina Pato, Sés ou Luar na Lubre, a banda de L'Hospitalet de Llobregat presenta “A xustiza pola man” (La Cúpula Music, 2017). Si, son cataláns pero cantan en galego, xa que a música non entende de fronteiras.“A xustiza pola man” é un álbum máis ecléctico, máis profundo e máis reivindicativo que o anterior. Un recompilatorio de 10 poemas escritos hai máis de 130 anos, pero que tratan temas tan actuais como a inxustiza social, a emigración, o abandono da terra ou a frustración. Coa súa elección, O Val das Mouras pretende facer a súa pequena homenaxe a todas aquelas persoas que sofren as inxustizas da sociedade na que vivimos.A nivel musical, manteñen a formación orixinal de voz, guitarra, frauta, violonchelo e percusión, pero engaden gaitas, instrumentos de orixe galega, acordeón e teclados. Ritmos de xota, muiñeira, pop ou ska mestúranse neste novo disco que, con todo, mantén a esencia folk que lles caracterizou desde o primeiro día.
Contratación
David Fernández López (+34) 666 135 294 ovaldasmouras@gmail.com