MOSQUERA CELTIC BAND é unha banda especializada en folk/celta/pop liderada polo gaiteiro toledano con orixes galegas Fernando Mosquera. Creada en 2010, con tan só oito meses de vida asina o seu primeiro contrato discográfico e grava o seu primeiro álbum, “Peregrinatio” (2012), con abundancia de ritmos galegos.Tras crear a súa propia produtora, Mosquera publica en 2015 o segundo álbum, “Outlander”, que sería elixido en 2016 como Mellor Álbum Folk Europeo pola Sociedade Radiofónica Italiana. Neste álbum, orientado cara á música irlandesa, colaboran 12 artistas de nivel internacional.En 2020 publican o seu máis recente traballo, “Terra”, virando cara a sons americanos. Neste álbum investigan o desenvolvemento do folk americano primixenio, o bluegrass ou hillbilly, a partir das músicas celtas de Irlanda e Escocia. Para iso conta coas colaboracións de 14 artistas de nivel internacional.O estilo freso da Celtic Band ten o seu fundamento nas composicións do propio Mosquera, tanto cancións instrumentais como líricas en castelán, galego, inglés ou gàidhlig (gaélico escocés). A súa intención é abrir a música celta a todo tipo de público, creando unha visión moi particular, propia e independente.Fernando Mosquera toca na actualidade algo máis de 60 instrumentos diferentes. É autor, compositor, músico intérprete e produtor musical titulado. Desde o segundo álbum mantén unha estreita relación colaborativa con Álvaro Mata, recoñecido produtor musical con cinco Grammy.
Contratación
'M & M' (Mosquera Management)Antonio Martín (+34) 696 035 957 management@fernandomosquera.com