O proxecto Cupeiro & Yukhnevich está formado por dous músicos de distintas procedencias pero cunha mesma escola baseada no respeto e a inquietude cara á música.O galego Abraham Cupeiro, musicólogo, multiinstrumentista, coleccionista e, nalgúns casos, fabricante dos instrumentos cos que interpreta, encárgase sobre todo, de dar a estética sonora ás melodías. Con elas, dialoga Vadzim Yukhnevich, nado en Minsk, a través da súa voz e o seu principal instrumento, o bayán, un acordeón de botóns de fabricación rusa.O nome do seu primeiro traballo discográfico "Compromiscuo", é a mellor definición para explicar un tipo de música que emana de distintos estilos como o jazz europeo ou americano, a rapsodia ou a música clásica aos que os dous intérpretes lle achegan o seu selo especial.Hai un eclecticismo desenfreado e unha sorprendente riqueza tímbrica na súa música. Tentan buscar o compromiso entre o respecto ás músicas e instrumentos do pasado e as gañas de usalos ao seu xeito, de forma surrealista ás veces, pero con gran solidez, creando un estilo propio: moi compromiscuo!!Xuntos conectan un instrumento pouco usual hoxe día como o cornetto (que tivo o seu esplendor no século XVII) co tango arxentino, ou unha gaita irlandesa con J.S. Bach. Pero o instrumento que máis curiosidade esperta dos que utiliza Abraham é, sen dúbida, o Karnyx -unha especie de xigantesca trompeta céltica utilizada na época dos romanos- instrumento de mecánica sinxela pero que impresiona pola súa poderosa presencia e a súa sutil sonoridade.
Contratación
Estrada SecundariaMaría Ruiz (+34) 606 321 639 - (+34) 609 460 324 compromiscuo@gmail.com