Lucía Pérez naceu o 5 de xullo de 1985 no Incio (Lugo). Dende moi pequena comenzou a participar en numerosos programas infantís de TV, concursos e, con apenas 17 anos, gaña o concurso da Televisión de Galicia «Canteira de cantareiros» e grava o seu primeiro disco «Amores y amores» (2003), co que consegue o Disco de Ouro Galego. Na primavera de 2005 a súa traxectoria artística vese avalada pola obtención do primeiro premio do Disco-Pop de Solistas Galegos e, a finais dese mesmo ano, prodúcese o lanzamento do seu segundo disco, «El tiempo dirá...» (2006), coincidindo coa súa designación para representar a España no Festival de Viña del Mar con «Qué haría contigo» e acada o segundo posto entre as tres finalistas.En 2006, a súa canción «Amarás miña terra» é seleccionada pola Academia da Música como candidata finalista a Mellor Canción en Galego para os Premios da Música. En decembro de 2008 lánzase simultáneamente en España e Chile o seu terceiro álbum, «Volar por los tejados» (2008), e a principios de 2010 comeza a gravación do seu cuarto disco, «Dígocho en galego» (2010), o primeiro da súa carreira integramente en galego.En febreiro de 2011 Lucía é elixida por votación popular como representante de España no Festival de Eurovisión coa canción «Que me quiten lo bailao». Actualmente segue coa promoción do seu último disco, «Quitapenas» (2014), actuando non só en España, senón noutros países como Inglaterra, Holanda, Portugal, Finlandia, Suíza, Arxentina ou Brasil.
Contratación
Letras y MusasChema Purón/Xavier Vizcaíno (+34) 654 606 710 - (+34) 661 552 453 luciaperezartista@hotmail.com chema@chemapuron.com