• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Maldito Murphy

En 2015 Juan Castro, compositor e alma máter de Maldito Murphy, comeza a presentar as súas cancións por algunhas salas de Vigo, a súa cidade natal; o proxecto crece e únense Sebas Yepes ao baixo e Philip Yepes á batería.

En xullo de 2016, Maldito Murphy ponse en contacto co produtor Pablo Iglesias, responsable de Radar Estudios, onde gravan o disco “No Éramos Tan Ciegos” coa colaboración de varios músicos da escena viguesa. En pleno proceso de masterización, a formación dá un xiro; Philip Yepes abandona o grupo, ao mesmo tempo que un dos colaboradores, Diego Fernández, pasa a formar parte do grupo como guitarra solista. Co disco xa editado e antes da súa presentación, incorpórase o novo batería, Aarón Starsailor.

Inmersos na presentación e promoción do disco reciben unha das mellores críticas, escrita polo xornalista e crítico musical Javie Escorzo e publicada na revista Rock Estatal: “No Éramos Tan Ciegos’ exhibe un pop-rock de exquisita factura”. Como guinda a un ano infestado de éxitos, que nada ten que ver coa lei de Murphy, reciben o premio ao mellor disco autoeditado 2017 nos Premios da Música Maketón Los 40 Vigo.

A finais de 2018 reeditan o disco “No Éramos Tan Ciegos” en formato vinilo, incluíndo catro cancións novas e, en 2019, embárcanse nunha xira de 48 concertos por todo o territorio estatal para presentalo.

Actualmente, Maldito Murphy están a preparar o que será o seu novo disco, que verá a luz a finais deste 2021.

Contratación

JUAN
617 342 307 - 691 211 918 (AARON)
malditomurphyband@gmail.com

Discografía

HORIZONTES

MALDITO MURPHY

2021,

No éramos tan ciegos 2.0

MALDITO MURPHY

2018, Maldito Murphy

No éramos tan ciegos

MALDITO MURPHY

2017, Maldito Murphy

Vídeos

Los Latidos del Tiempo

MALDITO MURPHY

Diez años (directo en el Urban Market, Vigo)

MALDITO MURPHY

Sin viento a favor

MALDITO MURPHY

Salvaje

MALDITO MURPHY

Las últimas estrellas

MALDITO MURPHY

Tal vez tamén che gusten