Brais Morán leva case 20 anos de traxectoria profesional no mundo da escena musical compoñendo e editando cancións como cantante e guitarrista.Ademais de ser coñecido como vocalista e guitarrista da banda de funk Loretta Martin, o artista dá un paso adiante para iniciar a súa carreira en solitario presentándose como Brais Morán, e así edita o seu álbum debut, “Cruzando o eclipse” (2015), gravado en Abrigueiro Estudios, onde contou con Denís Morán, Miguel Queixas e Manu Seoane como banda e coas colaboracións de Belém Tajes, Cláudia Morán e NARF, co que coproduciu o tema "Destino".O seu segundo traballo, “No Mato do desespero” (Seispés, 2018) é unha dobre homenaxe ao poeta moçambicano José Craveirinha e ao grande músico NARF. As súas influencias fánse especialmente evidentes neste traballo: NARF, no xeito de entender a música e o que lle suxería na vida; o mundo brasileiro que sempre o acompañou ao abordar os chiscos a Lenine, Toquinho, ou a pegada africana da admiración por Dobet Gnahoré ou Salif Keita. Morán profunda na música tradicional galega e o folk, cunha clara devoción por Berrogüetto, con pinceladas do folk irlandés que se conforman en varias das composicións orixinais que contén o álbum.A “banda do desespero” fórmana Fran Sanz (baixo), Manu Seoane (guitarras) e Marcos Pazo (batería). No disco contou coas colaboracións de Patri Gamallo (Adufeiras de Salitre, Habelas Hainas), Tanxugueiras e Ugía Pedreira, cantando o tema da sua autoría, “No país das efes”.
Contratación
Seispés Producións CreativasElena Mareque 686 679 897 - 650 672 499 info@seispes.com