
The Soul Breakers é unha banda que aúna swing, funk, soul, rhythm&blues e rock para dar un son intenso a través dun espectáculo dinámico e transmitir a amálgama de emocións ao público a través das súas composicións.Como carne de directo, os seus compoñentes, con traxectorias amplas no mundo da música, reuníronse para dar renda solta a un proxecto común cheo de forza, expresividade e matices, a través dun intenso e variado repertorio. Bea Mazaira á voz, Juan Pablo Charlo á guitarra, Sara Martínez ao saxo, Jaime Garrido ao baixo e Ernesto Belín á batería forman esta banda cuxo fin é gozar da música, compartila e non deixar indiferente a ninguén.