• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Chicharrón

Chicharrón nace en Carballo (A Coruña) a finais de 2013 da man de Alberto Vecino, (ex Franc3s), Diego Gende e Rubén Domínguez (ex Telephones Rouges).

En marzo de 2014 entran a gravar o seu primeiro disco, homónimo, no Estudio A Ponte de Tomás Ageitos con produción a cargo de Rubén Domínguez e, en xuño, Prenom publícao como primeira referencia da súa editora. Con sons entre o dream-pop, o folk e a BSO dalgún western crepuscular, o seu primeiro disco colleita múltiples críticas positivas, sendo radiado integramente no prestixioso programa de Radio 3 “Disco Grande” de Julio Ruiz. Meses despois entran a formar parte da banda Xurxo Meis (batería) e Mar Catarina (teclado), redimensionando o seu son e propiciando un cambio de rumbo na súa forma de compoñer.

A principios de 2016 gravan o seu segundo álbum, “Postal” (Prenom, 2016), novamente no Estudio A Ponte de Tomás Ageitos e producido por Rubén Domínguez. Cunha sonoridade cristalina e calmada, as letras de Alberto Vecino trocan a angustia do primeiro disco por unha celebración do amor como motor vital.

En marzo de 2017 publican o sinxelo “Contra acantilados” nunha edición dixital con videoclip de presentación realizado polo director Alfonso Zarauza en cine 16 mm. “Contra acantilados” é outro paso adiante na curta, pero intensa, traxectoria da banda carballesa. Unha canción de pop electrizado e emocionante onde a delicadeza das voces contrasta coa forza da instrumentación.

Contratación

Prenom
Rubén Domínguez
(+34) 697 916 892
ruben@prenom.gal

Discografía

Cancións Clínicas

CHICHARRÓN

2018, Prenom

Contra Acantilados

CHICHARRÓN

2017, Prenom

Postal

CHICHARRÓN

2016, Prenom

Chicharrón

CHICHARRÓN

2014, Prenom

Vídeos

Que Tempo Fará?

CHICHARRÓN

Na cela

CHICHARRÓN

Contra acantilados

CHICHARRÓN

Ensíname a durmir

CHICHARRÓN

Tal vez tamén che gusten