The Pretty Shirts é unha banda de rock’n’roll que segue a premisa orixinal do garage-rock: queimar enerxía sobre o escenario.A banda nace en A Guarda (Pontevedra) en 2009 e en 2011 gravan o seu primeiro EP titulado “So Good To Be Right Here” (2011), disco de presentación composto por cinco temas.Logo de varios anos de concertos, en 2014 editan un single de dous cancións, “Ain’t No Another Love Song” (2014), mentres que compoñen o que será o seu primeiro LP. En abril de 2015, lanzan o seu primeiro disco de larga duración, “The Pretty Shirts” (2015), gravao en Baixo Miño Estudios e composto por oito cancións nas que a banda reflicte tanto a enerxía que queiman en directo como o seu lado máis sosegado. Con este LP, TPS consegue varios premios e boas críticas.En outubro de 2018 presentan “A Few Seconds” da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 temas onde The Pretty Shirts falan do impredecible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.The Pretty Shirts son: Miguel Castro (guitarra, voces), Lomba (voz principal), Manuel González (batería, voces), Álvaro Vázquez (baixo).
Contratación
Miguel Castro Castro / Miguel Domínguez Lomba (+34) 677 454 360 - (+34) 679 946 067 theprettyshirtsrockband@gmail.com