ACIDPROYECT é unha banda ourensana de metal alternativo nada en 2007. Cunha maqueta publicada en 2010 e o seu conseguinte videoclip, “I can’t keep the faith in the world”, o seu primeiro LP, “Where’s your God now?” (2014), acompañado polo videoclip “Ouija”, e o seu enérxico directo como punto forte (Derrame Rock, Live for Madness, Hellfoz, Resurrection Band Contest, etc.), plántanse en 2017 cun novo traballo baixo o brazo, “BABA YAGA” (2017), un LP con 10 trallazos co eclecticismo e o hedonismo como sinais de identidade ineludibles.
Contratación
Xonix Records S. L: Murias 600 700 725 - 626 594 426 xonixrecords@gmail.com