• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Cabodano

A idea de formar Cabodano xurdiu en 2012 entre un grupo de amigos provenientes doutros grupos con diferentes estilos (rock, thrash), pero non é ata o 2014 cando se establece unha formación sólida do grupo, aínda que o seu debut oficial foi en 2015, dando os seus primeiros concertos.

A finais dese ano, un dos seus membros vese obrigado a deixar a banda por motivos persoais, e o grupo ten que deixar de lado os concertos e a súa idea de entrar en estudio.

Logo de varios intentos con diferentes músicos, nos que se chegou a gravar un single dun tema propio, “Odio”, non é ata mediados de 2016 coa incorporación de Santi cando o grupo volve a normalidade, retomando os ensaios e debutando con esta nova formación en 2017. Esta formación durou aproximadamente un ano, xa que Santi decidiu deixar o grupo para centrarse noutros proxectos.

Finalmente, a mediados de 2018 vólvese a unir á banda Peri, o primeiro batería. Ensaiando e compoñendo en paralelo, Cabodano publica ese mesmo outono, logo de moitos meses, o seu primeiro álbum baixo o título de “O Espertar” (2018).

Contratación

Marcos Juncal
686 478 762
cabodanometalcore@gmail.com

Discografía

O espertar

CABODANO

2018, Novena Records

Vídeos

Dereitos ó Inferno (Video Oficial)

CABODANO

Tal vez tamén che gusten