• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Enxeito

A música de Enxeito encádrase no xénero funk, engadindo desde un primeiro momento as letras e os flows do rap, mesturándoo con melodías do soul e pequenas influencias do rock ou do blues buscando un son orixinal.

Logo dun primeiro traballo autoproducido e autoeditado, Óscar e David atopan a Montse, Adri e Marcos, os compañeiros ideais para andar o camiño do funk. Despois dun primeiro achegamento para probar as súas forzas, a banda consolídase a finais de 2018, tendo a súa base de operacións en Bueu. Desde aquel momento o grupo foi gañando presencia e cohesión no escenario conectando moi ben co público e chegando a dar concertos en cada vez máis festivais e salas recoñecidas coma o Aturuxo ou o Vilariño Folc.

Xa en 2020 preséntanse ao EDP Live Bands con dous temas en adianto do seu novo disco “Superfunk”, dispoñible en plataformas dixitais, cos que son seleccionados polo xurado para chegar á final do concurso entre máis de 400 bandas.

Enxeito son Montse (saxo), Marcos (baixo), Adri (batería), Óscar (guitarra, voz) e David (voz).

Contratación

Enxeito
Oscar
639 024 084 - 637 820 239
contacto@enxeito.com

Discografía

Superfunk

ENXEITO

2020, Enxeito

Barullo - Ao Vivo

ENXEITO

2018, Enxeito

Enxeito - 2016 - Disco Completo

ENXEITO

2016, Enxeito

Vídeos

Brétema

ENXEITO

Tal vez tamén che gusten