• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kalte Sonne

Kalte Sonne é un trio instrumental de post-rock-metal formado en Lugo en 2013.

En 2014, gravan o EP “The Hum” nos estudios Montealto (A Coruña) e comezar a pisar os escenarios. Ese mesmo ano gravan “Terra Incognita (Searching the New Word Part 1)” (2015), un corte de 15 minutos que presentan en diversos puntos da península.

En 2016 sacan novo material, “Searching the New World Part2”; un split xunto a Octawitch con dous temas que suman 20 minutos, gravados por Iván Ferro en Kollapse Stvdio e masterizados en Audiosiege (Portland). Aquí continúa a evolución da banda, tanto a nivel de son como de composición. Presentando este traballo compartiron escenario con bandas como Aathma, Vircator ou Monkey3, percorrendo diversos puntos de España, Portugal, Francia e Italia.

O primeiro longa duración, “Ekumen”, gravado e masterizado en Kollapse Stvdio, sae á luz en 2018; presentado este traballo, o grupo tivo a oportunidade de tocar en diversos puntos de España, Portugal e Reino Unido.

Xunto á banda china ALPACA edítase en 2019 un split no que se inclúe o tema “Mareira”, novamente gravado en Kollapse Studio.

En 2024 publícase o LP “Laniakea Communique”, un novo álbum de catro temas gravado en Kollapse Stvdio por Iván Ferro, quen colabora coa súa guitarra no tema ‘P3X-7763’ e coa participación de Abraham Cupeiro, que achega sonoridades exóticas ao tema ‘Anarres’, tocando dous instrumentos orixinarios de oriente medio: a Kawala (frauta de pastor) e o zurna (instrumento de vento de dobre lingüeta da familia dos óboes).

Contratación

Miguel
626 546 418
kaltesonnelugo@gmail.com

Discografía

Laniakea Communique

KALTE SONNE

2024,

Mareira

KALTE SONNE

2019, Dingleberry records, Nooirax Records, Violence in the Veins, CGTH Records

Ekumen

KALTE SONNE

2018, Violence in the Veins, Western Swarm & MPF Records

Searching The New World Part 2

KALTE SONNE

2016, Kalte Sonne

Terra Incognita (Searching The New World Part 1)

KALTE SONNE

2015, Kalte Sonne

The Hum

KALTE SONNE

2014, Kalte Sonne

Vídeos

Anarres

KALTE SONNE, ABRAHAM CUPEIRO

Serendipity

KALTE SONNE

The Hutchison Effect

KALTE SONNE

Paramnesia

KALTE SONNE

Zorn's Lemma

KALTE SONNE

Tal vez tamén che gusten