• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Radio Zapa!

Radio Zapa! é un power trío de rock psicodélico de Compostela. Un estalido de letras incisivas, fuzz e intensas atmosferas instrumentais formado por Martín Zapata (guitarra, voz), Suso Pereiro (baixo, coros) e Fran Facal (batería, coros); creado a finais de 2015 na procura de sons densos, desde o rock dos 70 ata o stoner actual.

Na súa primeira gravación, “Igual es diferente” (2017), denuncian a contaminación do mercantilismo no cotián, o amor e a arte, amosando unha reacción contra o esmagador poder do falso e o aparente en cinco cortes de furia. Durante 2017 lánzanse a tocar nunha serie de concertos cargados de enerxía e densidade, un trazo significativo da súa posta en escena. Nese mesmo verán gañan o #SonidosMans do Festival Revenidas, que supuxo un pequeno empurrón para o proxecto que xa comezaba a acumular datas entre os locais de concertos de Galicia.

En 2018 presentan un maxisingle, “El hit-La cantinela”, no que amplían o seu horizonte sonoro combinando riffs pesados e contundentes do stoner, estilo no que afondan cada vez máis, e encadean un verán de datas en festivais e ciclos musicais.

Un ano despois, xusto antes do parón pandémico, incorpórase á banda Suso Pereiro e comezan a compoñer e rexistrar o que sería o seu novo disco “Demasiado...” (2022). Gravado en Pouland Studios por Iago Pico e editado únicamente en formato vinilo polo selo RequeSound Records, o novo LP da banda supón unha consolidación do que ata o de agora só foran coqueteos coa psicodelia e un importante paso adiante para o proxecto.

Contratación

Martín Zapata
607 831 989
zapa.grupo@gmail.com

Discografía

Demasiado...

RADIO ZAPA!

2022, RequeSound Records

Igual es diferente

ZAPA!

2017, ZAPA!

Vídeos

Profesional

RADIO ZAPA!

La cantinela

RADIO ZAPA!

Lo tienes o no

ZAPA!

Estupendos

ZAPA!

Tal vez tamén che gusten