Alejandro Vargas é un pianista cubano afincado en Santiago de Compostela dende 2009. Logo de liderar proxectos musicais como “Descarga ao Vivo” e “Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada” (aCentral Folque, 2012), amósanos agora un novo traballo musical co seu trío de jazz, co que está a gravar o seu último disco, cunha visión onde os estándares do jazz e da música popular cubana son levados á estética da improvisación libre, onde se explora e extralimita a forma tradicional de tocar instrumentos incorporando diferentes obxectos sonoros que enriquecen a súa linguaxe, son e representación.Cada concerto de Alejandro Vargas Trío é toda unha experiencia, xa que o virtuosismo dos seus intérpretes cativa o público dende o primeiro minuto pola súa espectacular técnica instrumental e a gran sensibilidade no tratamento dos temas; un concerto-un espectáculo. A actual proposta musical recrea a sonoridade do órgano oriental lembrando a estética rural dos campos cubanos, dende el changüí ata o mambo de Pérez.Alejandro Vargas Trío o forman Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo) e L.A.R Legido (batería).
Contratación
Laura Navarro (+34) 628 909 717 - (+34) 689 480 093 alejandrovargasmusic@gmail.com