Músico, compositor e cantante, Uxío Mayo reúne as facetas artísticas da produción musical para transformalas en cancións cheas de maxia e unidade. Con temáticas intimistas, sociais, concienciais... calqueira tema humano é susceptible de converterse en inspiración que acabe no seu repertorio. Cunha técnica limpa e natural, a música de Uxío Mayo reúne dende cancións suaves e acústicas (que repasa ao longo de todo o ano en concertos por toda Galicia) a auténticos singles rock que che poden facer, bailar, indentificarte ou mesmo reventarte o pescozo. (Discos Rock e actuacións con banda:Uxío Mayo y La Banda Fetichista).O seu primeiro disco, coproducido por Carlos Arcay: "Diario de un fetichista" é unha proba de que a música hoxe en día pode abrirse paso polos medios máis vulgares e convertirse con simplemente talento e moitas gañas nunha peza de rock atemporal. Este disco foi composto e gravado por Uxío Mayo e mesturado e masterizado por Carlos Arcay nunha habitación normal cun ordenador normal. Moitos productores non podían crelo pero así se producíu este primeiro traballo.Actualmente Uxío Mayo está ultimando o seu segundo disco de rock, "Nueva era de plasma" que será autoproducido. Feito totalmente por el mesmo, dende a composición ata a gravación e masterización final. Este traballo supón un salto conciencial como consecuencia do espertar que en todo o mundo comenza a acontecer tras o fin dunha vella era gobernada polo ego, o elemento que precisamente era, sen darse conta, o protagonista do seu primeiro disco.
Contratación
Miguel González(+34) 674 515 599 uxiomayo@hotmail.com