• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Sueños de Ítaca

En 2014, despois de aventuras por separado, Secho, Fran, Alberto e Víctor decidiron atoparse nun punto intermedio entre o indie actual, o pop e o rock máis clásico, nacendo así unha banda que levaría por nome Sueños de Ítaca, desde O Carballiño (Ourense). Nesta aventura musical, percorrerán o mundo a través das emocións mais arraigadas no noso interior, partindo da premisa de que todas e cada unha delas están dentro de nós e debemos manifestalas para transformar esos monstros en compañeiros de vida.

No verán de 2016 decidiron encerrarse xunto co produtor César Lois nos Estudios Cameixa, estudio caseiro do seu amigo Tomás Vila, para dar comenzo á gravación do seu primeiro traballo autoproducido. No verán do ano seguinte, o duro traballo deu o seu froito e saíu á venda o seu primeiro LP, “Hugo” (2017), que toma nome do título dun dos temas do disco. Durante os 10 cortes “escoitaremos” os pasos de Ulises na sua viaxe de volta ao seu fogar, Ítaca, enfrontándonos ás mesmas situacións e sentindo as mesmas emocións que sentiu el ao seu regreso. O proceso de gravación, mestura e masterización foi moi longo, pero o resultado pagou a pena.

Na actualidade, a banda carballiñesa está en medio da presentación de “Hugo”, esperando que a resposta sexa igual de sorprendente como o foron as súas actuacións previas. Ademais, Sueños de Ítaca foron seleccionados para representar á provincia de Ourense no concurso Música Xove Emerxente 2018, organizado por la Xunta de Galicia, para o fomento e a difusión da música emerxente en Galicia.

Contratación

Secho Fariñas // Víctor Bello
626 075 642 - 667 724 905
victorbv21@gmail.com

Discografía

Hugo

SUEÑOS DE ÍTACA

2017, Sueños de Ítaca

Vídeos

Aventura (Hojas en blanco)

SUEÑOS DE ÍTACA

Llegada a un destino

SUEÑOS DE ÍTACA

Hugo

SUEÑOS DE ÍTACA

Tal vez tamén che gusten