QUENTANDO MOTORES PARA UN 2017 CARGADIÑO DE FESTIVAIS. PARTE I: ABRIL-XULLO
Sabédelo, non? Chegou o momento! Empeza a primavera, os días son máis longos e temos máis tempo para organizar todos os festivais que trae este 2017 que, por certo, ven cargadiño. Hai que deixarse levar polo corazonciño e decidir a cales ir… só de imaxinarnos esas paisaxes espectaculares, esas augas cristalinas e ese ambiente musical inmellorable, complícase a decisión, verdade? Por iso aquí vos deixamos información indispensable e actualizada, ata onde chega o noso coñecemento e traballo de investigación, dos festivais de GalicianTunes que se celebrarán entre os meses de abril e xullo, xunto con ligazóns de interese para axudarvos coa decisión (ou non) xa que, sabemos, é difícil.
Para os que non desertan en agosto ou aqueles que seguen con fame de festival na tempada outono-inverno, a listaxe dos festivais programados desde agosto ata decembro podédela atopar seguindo esta ligazón.
O festival nace da necesidade de aproveitar Santiago de Compostela e o seu potencial para promocionala cultura, así como os artistas emerxentes de distintas disciplinas artísticas do panorama galego, estatal e internacional.
Cando?: 5 ao 8 de abril
Onde?: Santiago de Compostela (A Coruña)
Quen?: The Mauskovic Dance Band • Bulto • Seda • O Manipulador • Tren Go! Sound System • Surma • Pálida • Esposa • Boyanka Kostova • Fiera • Skygaze • Fluzo • Toulouse • Esteban & Manuel • Montaña Muerte • Lois G. Carlín.
Canto?: Entradas anticipadas por 15€ e 18€ na billeteira. Os puntos de venda en Santiago de Compostela son: Bar Embora, Sagrado Corazón Tatuajes e A Reixa Tenda.
Máis?: O CineClube de Compostela colabora con Melona Fest acollendo unha sesión especial de cine musicado, na que Montaña Muerte e Lois G. Carlín poñerán a banda sonora en directo a unha serie de filmes, dándolle ás imaxes a impresivilidade do directo.
Festival sen ánimo de lucro fundado no 2008 co obxectivo de crear un evento duradeiro que se converta na marca nova de Vilalba ao ritmo de música electrónica, indie, pop e pop-rock.
Cando?: 28 e 29 de abril
Onde?: Vilalba (Lugo)
Quen?: Love of Lesbian • Iván Ferreiro • Rinôçérôse • Sidonie • Varry Brava • Sexy Zebras • Amatria • David Van Bylen DJ • Second • Villanueva • We Are Not DJs • Banda de Música de Vilalba.
Canto?: Compra online anticipada en http://www.fivdevilalba.com/entradas-1.html por 24€ máis gastos de xestión
Máis?: Posibilidade para acampar no Pavillón Municipal para abonados ou no Estadio Roca para todo o público.
Romería de rock & roll que ofrece música (rock e surf) en directo todo o día, unha zona infantil, numerosas actividades e unha pequena feira.
Cando?: 17 de xuño
Onde?: Illa das Esculturas (Pontevedra)
Quen?: Glitter & Litter • Os Amigos dos Músicos • BALA • Pájaro • Dois • Los Vinagres
Canto?: De balde!
Máis?: Aberta a convocatoria para colaborar na zona food truck ou mercadiño; enviar as propostas a foodsurfingthelerez@gmail.com o mercadillosurfing@gmail.com), respectivamente
Novidade!: Do 8 de xuño ao 16 haberá un SURFING NA CIDADE
A beira do río Ulla é o escenario dun conxunto de actividades para toda a familia bañadas pola música folk: campionato de billarda, xogos infantís, feira de artesanía, etc.
Cando?: Terceiro domingo de xuño (18 de xuño)
Onde?: Touro (A Coruña)
Quen?: Por confirmar
Canto?: De balde!
Música contemporáne, electrónica, indie, y pop rock son a alma do Atlantic Fest. A súa maior satisfacción é acoller a artistas que poden ser xa coñecidos por un público amplo compartindo cartel con outros máis pequenos. Tres días cheos de diferentes actividades para desfrutar cos máis pequenos cun escenario perfecto para que os pais constrúan grandes recordos que permanecerán na memoria dos nenos para sempre.
Cando?: 30 de xuño, 1 e 2 de xullo
Onde?: Illa de Arousa (Pontevedra)
Quen? Los Planetas • The Temper Trap • Maximo Park Official • Rosalía & Raül Refree “Los Ángeles” • Joe Crepúsculo • Os Amigos dos Músicos • Lori Meyers (máis por confirmar)
Cuánto?: Compra online en http://atlanticfest.com/entradas/ desde 38€ ata 48€ máis gastos de xestión; e venta na billeteira do Escenario Son Estrella na Praia do Bao (30 xuño e 1 de xullo) e no Auditorio Turismo Rías Baixas (30 de xuño).
Macrofestival de tres días de duración que se ten convertido nunha referencia metal e hardcore-punk da Península e unha das principais de Europa.
Premio Iberian Festival Awards 2017 á Mellor Comunicación e Mellor Espectáculo en Vivo por Iron Maiden.
Cando?: 5 ao 8 de xullo
Onde?: Viveiro (Lugo)
Quen?: Rammstein • Rancid • Sabaton • Anthrax • Mastodon • Dropkick Murphys • Airbourne • Suicidal Tendencies • Enter Shikari • Arch Enemy • Sepultura • Agnostic Front • Annihilator • Mayhem • Eluveitie • Architects • Obituary • Terror • Red Fang • Napalm Death • Snapcase • Comeback Kid • Soziedad Alkoholika • Talco • Animals as Leaders • Korpiklaani • Orange Goblin • The Menzigers • The Devil Wears Prada • Pentagram • Bury Tomorrow • The Black Dahlia Murder • Lost Society • Taake • Truckfighters • Warbringer • All Out War • The Vintage Caravan • Krisiun • Undeclinable Ambuscade • Northlane • Obey The Brave • Alcest • Karma To Burn • Deez Nuts • CJ Ramone • Wisdom in Chains • Adhesive • Wolf Down • Conan • Lords of Black • Benighted • Mantar • Adrift • Holocausto Canibal • D.Y.S. • The Inspector Cluzo • Besta • Deserted Fear • Stray Train • Malevolence • Bastards • Noctem • Vita Imana • Legacy of Brutality • Guerrera • Reality Slap • Böira • Mutant • Crim • Killus • Blaze Out • Porco Bravo • Morphium • Trashnos • Teething • Aphonnic • The Blackjaw • El Altar del Holocausto • Revolution Within • Quaoar • Vice Presidentes • BALA • Brothers Till We Die • Tragic Vision • Parazit • One for Apocalypse • Late to Scream • Display of Power (Tributo a Pantera)
Canto?: Compra online anticipada en http://www.resurrectionfest.es/#tickets desde 125€ ata 203€ máis gastos de xestión
Máis?: ResuCamp a escasos metros do recinto e preto da praia de Celeiro con WC, duchas de auga quente, servizo de cafetería, enchufes, aparcamento (ata completar aforo), WiFi e seguridade. Beachcamp (novidade) con WC, duchas de auga quente, servizo de cafetería, enchufes, seguridade e buses lanzadeira. Acampada gratuita no Parque de Covas e no Mirador de San Roque. Glamping aínda por concretar; confirmados os aloxamentos colaboradores. Transporte ida-e-volta desde Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
A música é o elemento de conexión entre culturas e PortAmérica mestura tres elementos únicos como son a cultura, o ocio e a innovación, a través dun cartel de artistas que reflicte de maneira fidedigna o espírito do festival: a converxencia da conexión Europa-América en Galicia, tamén dende o punto de vista cultural.
Cando?: 13 ao 15 de xullo
Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)
Quen?: Ángel Stanich • Bnego & Seletores de Frequência • Carlos Sadness • Depedro • Enric Montefusco • Illya Kuryaki & The Valderramas • Indios • Iván Ferreiro • Kase.O • Los Amigos Invisibles • Mateo Kingman • Niños Mutantes • Novedades Carminha • Orkesta Mendoza • Porter • Rufus T. Firefly • Siddhartha • Triángulo de Amor Bizarro • Xoel López (máis por confirmar)
Canto?: Compra online anticipada en http://portamerica.es/entradas/ desde 45€ máis gastos de xestión
Máis?: Posibilidade de acampar (tenda, furgo ou caravana) e dispositivo especial de transporte desde Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Noia-Ribeira-Catoira-Vilagarcía, Lalín-A Estrada e Sanxenxo-Portonovo-Cambados
Novidade!: Esta edición é a primeira que se celebra en Caldas de Reis, logo de cinco edicións celebrándose en Porto do Molle, Nigrán (Pontevedra). A acampada será solidaria, os 3 días por 3€, que se destinarán integramente a unha campaña de acción social aínda sen confirmar
FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA
A proposta artística de Ortigueira ciméntase nunha vintena de concertos gratuitos das bandas máis recoñecidas da música celta internacional, a presenza das figuras máis importantes do folk galego e os grupos emerxentes máis prometedores; ademais de desfiles de bandas das nacións celtas (Escocia, Irlanda, Bretaña, Asturias, Galicia…)
Cando?: 13 ao 16 de xullo
Onde?: Ortigueira (A Coruña)
Quen?: Usher’s Island • Michael McGoldrick Band • Treixadura & Cantigas e Agarimos (más por confirmar)
Canto?: De balde!
FESTIVAL SINSAL SON ESTRELLA GALICIA
O Sinsal é un dos festivais máis singulares de Europa. Celebrado a mediados de xullo na Illa de San Simón (Pontevedra), á que só poden acceder en barcos fretados pola organización, durante o día e, a outra curiosidade, é o cartel segredo: o público non coñece aos artistas até que entra na illa.
Premio Iberian Festival Awards 2017 a Mellor Programa Cultural e Mellor Activación de Marca con New Balance Iberia
Cando?: 21 ao 23 de xullo
Onde?: Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra)
Quen?: Cartel segreto! Os artistas non se darán a coñecer ata a chegada do público á illa, pero xa sabemos que serán «artistas que non se prodigan en Galicia, proxectos en traxectoria ascendente [...]»
Canto?: Compra online a partir de abril en ticketea
FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA
Festival Internacional de música celebrado nas rúas e prazas da Zona Monumental de Pontevedra con artistas de jazz, blues e xéneros relacionados como o R&B e o soul. O FIJBP presta unha atención especial aos músicos galegos que participa tanto no programa de concertos das dúas prazas sedes do festival, as jam sessions e a música polas rúas, coma nos workshops.
Cando?: 22 ao 27 de xullo
Onde?: Praza do Teucro e Praza da Ferraría (Pontevedra)
Quen?: Por confirmar
Canto?: De balde!
O Basticore é o nexo de unión entre as diferentes bandas que se están a crear ao noso redor e que pouco a pouco estanse esforzando por facerse un oco na escea musical nacional. No festival teñen cabida todo tipo de estilos, dende a electrónica até o punk, pasando polo rap ou o reggae.
Cando?: Finais de xullo (por confirmar)
Onde?: Skatepark de Bastiagueiro (A Coruña)
Quen?: Por confirmar
Canto?: De balde!
O NigranJazz nace coa vocación de dar cabida aos marabillosos músicos de jazz galegos que están surxindo nos últimos anos e que, ademais, celébrase nun entorno de gran beleza que presta a disfrutar da música relaxadamente.
Cando?: Finais de xullo (datas por confirmar)
Onde?: Esteiro da Foz, Nigrán (Pontevedra)
Quen?: Por confirmar
Canto?: De balde!
Ganas de máis? Os festivais GalicianTunes de agosto a decembro por aquí, por favor.