TREIXADURA constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.“Esa si que é muiñada” (Treixadura, 2011) é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural.Para desenvolver toda esta declaración de intencións o grupo conta coa colaboración dos coros decanos galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela), “Cantigas da Terra” (A Coruña), “Real Coro Toxos e Froles” (Ferrol), a “Coral de Ruada” (Ourense) e a “Agrupación Musical do Rosal” (O Rosal, Pontevedra).Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos.
Contratación
TreixaduraAntón Rodríguez (+34) 986 337 069 - (+34) 678 578 013 correo@treixadura.com / anton@armusica.es