• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

VIDEOCLIPS PREMIADOS E NOMEADOS NO FESTIVAL CANS 2017

VIDEOCLIPS PREMIADOS E NOMEADOS NO FESTIVAL CANS 2017
27 MAIO 2017

O que comezou sendo unha broma, un simple xogo de palabras (Cannes, Francia), converteuse nun evento de referencia. Cans, o festival de curtametraxes de produción galega no que a música ten un papel fundamental, celebra este ano a súa edición número catorce. Do 24 ao 27 de maio, a aldea de Cans (O Porriño, Pontevedra) transformouse completamente, un ano máis, convertendo os espazos rurais en lugares de proxección. Dende a entrada en chimpíns ata diferentes bodegas, pendellos, baixos de casa ou casas vellas deshabitadas crean o característico estilo deste festival, un agroglamour, totalmente oposto ao do seu «primo hermano», Cannes.

O popular concurso de videoclips serve de escaparate do que se está a facer nesta materia hoxe en día en Galicia. Así que bótalle un ollo aos 2 premiados (elixidos un polo público asistente e o outro polo xurado) e os 16 nomeados desta edición e descubre as tendencias do xénero que coce o audiovisual galego.

 

PREMIO DO XURADOOh! Ayatollah, e a obra mestra do corte “Mi re la”, con Xaime e Antón Miranda á dirección e edición, incluída no álbum Cancións por si non te quere xa (2016).

 

 

 

PREMIO DO PÚBLICO: Igloo por “Restos de un naufragio”, de Igløø2 (Ernie Records, 2015), obra audiovisual dirixida por Fran X. Rodríguez (I Do Visual).

 

 

 

NOMEADOS 

 

1. Ánima co videoclip da canción “La arquitectura del hielo”, dirixido por Miguel Ángel Fernández Barri, baixista e corista do grupo, o tema pertence ao seu último disco En Guerra (2016).

 

 

 

2. Arrhythmia e “Tan só notas”. Dirixe Álvaro López Barreiro, batería e sintes do grupo. O tema está incluído no seu LP II (2016). 

 

 

 

3. Avecrem con “Bosnia y Herzegovina”, do álbum Una chica loca (BCore, 2015), dirixido por Sara Iglesias.

 

 

 

4. cintaadhesiva e o vídeo “O deserto”, de Vol. 3 (2016), baixo a dirección de Jesús Andrés Tejada e Silvia Penas, integrantes do dúo.

 

 

 

 5. Dakidarría co videoclip, dirixido por Julián Maguna, do temazo “Lume” incluído no seu último disco, Lume (Maldito Records, 2017).

 

 

 

6. Escuchando Elefantes e o videoclip do seu single homónimo, Volveré (2016). Dirixen os compoñentes da banda, Carlos Tajes e Sílvia Rábade.

 

 

 

7. Ezetaerre co combativo “Mao e mà”, de Aspiracións mínimas e urxentes (2017), que foi dirixido por Juan Sebastián Pirola.

 

 

 

8. Guadi Galego e o vídeo “Vida”, que dirixe Carlos Lago «O Terser Home». “Vida” é un tema pertencente ao seu último traballo, O mundo está parado (Fol Música, 2016).

 

 

 

9. Linda Guilala mostra o vídeo que acompaña a “Abstinencia”, peza que escoitamos no seu LP Psiconáutica (Elefant Records, 2016), con Javi Camino (Magnetova) na dirección.

 

 

 

10. Malandrómeda está nomeado polo videoclip do seu tema “Bótalle caldo”, do disco Cada can que lamba o seu carallo (Matapadre, 2016), dirixido por Manuel Caamagno.

 

 

 

11. Moon Cresta e a súa “Sweet Innocence”, de Moonary (2016), dirixido e realizado integramente en Galicia por Juan Martínez, coa colaboración de Leticia Rodríguez e David «Davida» Amoedo.

 

 

  

12. Selvática, co videoclip “Mi ciudad”, que dirixiu Carlos Martínez-Peñalver, que atopamos no seu último traballo discográfico, Canciones Cariocas (Discos de Kirlian, 2016).

 

 

 

13. Sr. Anido entra coa obra “It came from outer space IV”, dirixida por Javi Álvarez e incluída no LP Sr. Anido & Sra. Álvarez 18 (2016).

 

 

 

14. Van Marban e o vídeo de “Dutch Girl”, dirixido por Gero Costas (Producciones Mutantes), adianto do seu álbum debut que verá a luz en setembro.

 

 

 

15. Villanueva con “Ella”, baixo a dirección de Soledad Rebollo, corte incluído no seu último traballo, Zoo para Dos (Sony Music Spain, 2017).

 

 

 

16. Wöyza e o videoclip “Pelea”, dirixido por Isaura Docampo, que acompaña o tema homónimo do seu álbum Pelea (2016).

 

 

  noticias