“Viajes de Ida” (Esmerarte, 2014) é a estrea discográfica de Villanueva, unha aposta por crear música para encher ocos nas vidas cotiás, sen complicacións. Villanueva preséntanos a súa esencia logo duns meses de frenética actividade compoñendo e reconstruíndo con mimo o itinerario de cada unha das súas viaxes musicais man a man co produtor Ángel Luján. Un traballo fresco que contén as texturas necesarias para convertelo nun deses discos que irremediablemente enganchan co paso do tempo e gañan en cada escoita.Logo de dous anos de xira, Villanueva despedíase con catro “sold outs” consecutivos en diferentes cidades españolas para preparar inmediatamente despois o seu novo traballo “Zoo para Dos” (Sony Music, 2017). Un disco que, ao contrario que o anterior, afonda nos rincóns máis placenteiros e hedonistas do ser humano como o viño, o sexo, a arte, o optimismo, a relaxación física e psíquica... ferramentas todas elas para chegar a ausencia pura de dor física e intelectual, quizais un punto medio, non por iso contrario, senón máis ben complementario, entre as escolas cirenaicas e epicúreas.O nome do disco xorde de certas obsesións que Villanueva expresa mediante distintas alusións metafóricas con diferentes animais, unha especia de desafogo privado con quen lle apeteza escoitar o ler as súas letras coa mesma naturalidade de quen toma unha cunca de té compartindo a soas un momento co artista galego.
Contratación
Pasión Eventos Álvaro Vidal (+34) 605 192 037 contratacion@pasioneventos.es