• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Carlos Pájaro Arévalo

Carlos «Pájaro» Arévalo é batería e percusionista, produtor, arranxista, cantante... Forma parte de varias bandas (The Funkles, Banda de Nash, Michael Legend Tribute, A&G, V&A, Trifasic, The Tribe’s Band), pero colaborou con moitas outras, ás que suma toda a súa experiencia en diversos estilos: pop, rock, jazz, fusión, blues, soul, latin ou world music. Un auténtico todoterreo.

Tocou, gravou e xirou por todo o mundo con Budiño; foi integrante do mítico grupo Cucharada xunto a Manolo Tena con quen gravou e xirou por toda España tamén na súa etapa en solitario; e participou na gravación de infinidade de discos.

O seu primeiro disco como solista foi “A vista de Pájaro” (2009) coa Urugalega All Stars Band onde interviñeron máis de 30 músicos galegos facendo versións arranxadas por Arévalo.

En novembro de 2018, Pájaro gravou o seu segundo álbum, “El círculo del Pájaro” (2018), liderando o Arévalo Jazz Fusión Quintet. Composto por seis temas da súa autoría, foi realizado en Casa de Tolos e gravado en vídeo para Tolemias TV. Proxecto pioneiro en España ao rexistrase nunha única toma en directo con público que escoitaba a gravación con auriculares mentres se efectuaba.

AJFQ son: Carlos «Pájaro» Arévalo: batería, percusión e voz, compositor, arranxista e produtor; Ale Casquero: teclados, coharmonizador e coarranxista; Leo Giannetto: guitarras; Pablo Castaño: saxos; e Diego Pérez: baixo.

A súa música é unha fusión de estilos: funk, jazz, soul, blues, con chiscos á música sinfónica e hindú... aderezados coa forza do rock.

Contratación

Pajarus Management
Carlos Arévalo
606 461 953
olavera7@hotmail.com

Discografía

El círculo del Pájaro

ARÉVALO JAZZ FUSION QUINTET

2018, Pai

A vista de Pájaro

CARLOS PÁJARO ARÉVALO, URUGALEGA ALL STARS BAND

2009, Audia Records

Tal vez tamén che gusten