• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Maina Materia

Maina Materia somos Lidia India, Eugenia Sanmartín, Carmen Sixto, César Yáñez e Fran Funkasta. As cinco nacemos na comarca de Ferrolterra - Ortegal, nesta Galicia onde a chuvia é arte (e Deus botouse unha sestiña).

Pero temos o sol na cabeza e saímos ás rúas sen paraugas. Todas somos músicas de moito camiño en directos: Fran vén de tocar en bandas de rock, César ten un percorrido desde a música trad ata os ritmos afros, cubanos e brasileiros que imprime na banda. Carmen vén de poñer teclas e voces nunha banda de rock e de cantar temazos xunto a outra pianista. Eugenia fixo camiño en Madrid con grupos de son cubano, estándares de jazz, blocos de percusión afrobrasileira e bandas de MPB. E Lidia nutriu a súa música en Brasil, tivo varias formacións desde a súa volta e colaboracións con outros proxectos.

Maina Materia constrúese compartindo musicalidades e poemas, compoñendo temas propios nos que aflora esta identidade chea de mesturas e cun marcado acento feminino. A finais de 2017 comezou a andaina co encontro de Lidia e Eugenia, estreando un directo con catorce temas en xuño do 2018 e, en setembro, sumouse Carmen, engadindo teclado e voces. O trío estreou o repertorio en Cuerda Floja en Ferrol en maio de 2019 e, entre outros concertos, estivemos nos Maios en Canido, Beer Fest (Ferrol) Festival Terra Mãe (Portugal) e no Gulliver Fest (Narón).

Logo do periplo estival de 2019, asentamos a banda en quinteto coa incorporación de César á batería, tumbadora e outras percusións, e Fran ao baixo.

Contratación

Eugenia Sanmartín Alonso
628 996 442 - 620 234 816
eugeniasanmartin9@gmail.com

Discografía

Fillas da mestura (Parte 1)

MAINA MATERIA

2020,

Vídeos

Lume lumiña

MAINA MATERIA

Apenas indios

MAINA MATERIA

Tal vez tamén che gusten