
Cora Novoa é compositora, DJ e directora creativa e fundadora de Seeking the Velvet, unha discográfica independente de música electrónica e pop experimental, que funciona ampliando a súa visión artística a través do deseño de roupa, accesorios, propostas audiovisuais ou ilustración.Cora leva máis de 10 anos traballando na industria musical en tres áreas diferentes: técnica, comercial e creativa. Compaxina a súa carreira artística con outras facetas profesionais como Ableton Official Trainer, comisaria de contidos, impartindo clases maxistrais ou como colaboradora no programa ‘El Laberinto’ de Radio3. As súas actuacións en Berlín, Bruselas, New Dehli, Ibiza, Moscú, Bratislava, Buenos Aires, París ou Washington non deixan dúbida da súa proxección internacional. Alá arriba, onde os que bailamos case sempre a vemos, Cora segue a parecer tan inalcanzable como cando andaba de noite en Madrid, case unha nena. Xa entón estivo precedida dunha certa lenda de talento e esa armadura como de replicante sobre a que non se apegaban todas as cousas feas que ás veces suceden despois da medianoite. Entre a escura tribo techno da capital parecía tan nova, tan loira, tan discreta, tan misteriosa, tan... galega!O seu dominio técnico abraia porque o enche de emocións e enerxía auténticas. Cora Novoa fai doado o diabólicamente complicado; o privilexio de alguén que, desde moi pequena, tiña moi claro que quería dedicarse á música: leva dez anos traballando na industria musical en diversos ámbitos: técnico, comercial e creativo.
Contratación
IdearockXaime Casas +34 610 820 479 - +34 986 472 556 idea@idearock.com