Corpo Nu é un proxecto do produtor e compositor galego David Alonso, centrado no pop melódico con tintes de folktrónica. As cancións, interpretadas integramente en galego, combinan guitarra e voz con elementos electrónicos, dando lugar a unha sonoridade coidada e contemporánea. No proxecto, as letras teñen un papel fundamental, ao mesmo nivel que a música, e todo o proceso creativo (desde a composición ata a produción) corre a cargo do propio creador.Formado en Creative Music Production pola Novia University of Applied Sciences (Finlandia) e en Educación Musical pola Universidade de Vigo, David Alonso une a súa experiencia artística, tecnolóxica e pedagóxica nun proxecto que aposta pola innovación musical.En conxunto, Corpo Nu preséntase como unha proposta de fusión de xéneros, co pop como eixo central da súa identidade sonora.
Contratación
Corpo NuDavid Alonso 694302373 corponumusic@gmail.com
