O máis importante que teño que dicir de Ortiga é que Chicho é un bo rapaz. Isto é esencial, porque na vida hai moito idiota e moito trapalleiro, que é como chamamos en Galicia aos cutres e aos gaioleiros. Pero non é o caso de Chicho, dicía. El é un millennial do seu tempo e da súa terra, pero tamén un pouco particular, que queda na súa casa sen wifi para arranxarse uns merenguitos, que non se instalou o WhatsApp, que vive no seu barrio de sempre, en Santiago de Compostela, xunto a un centro comercial en declive. Chicho, aí, coa súa honestidade e os seus pés no chan.Ortiga, o seu proxecto musical, non é fácil de explicar se non creciches nas verbenas galegas. En Galicia hai moitas máis vacas que persoas, e case tantas orquestras como vacas. Aquí celébranse miles de festas anualmente; só o 15 de agosto hai un centenar de verbenas ao mesmo puto tempo. Nese caldo ferve Ortiga, que soa ao Caribe que trouxeron os nosos migrantes, pero tamén a isto que agora chamamos música urbana.-Tito Lesende
Contratación
Ernie Records Josiño Carballo info@ernierecords.com