Músico nado na Coruña que comezou a súa carreira moi cedo, compoñendo os seus primeiros temas en bandas de diferentes estilos como pop, rock ou reggae. A súa curiosidade pola diversidade de estilos e pola música de raíz, sobre todo, achégano á guitarra flamenca e ao jazz manouche, estilos polos que sente unha gran predilección e que acaban sendo, xunto coa rumba, as súas grandes influencias á hora de abordar as súas composicións.Unha vez configurado o seu propio concepto musical, creou Robert y Los Muchachicha, un sexteto para os escenarios máis grandes e un trío paralelo para os máis pequenos, formato co que finalmente se quedou e co que lanzou “Es lo que siento, soy lo que soy” (2012) baixo o nome de Robert Pier Trío; un LP gravado en directo que obtivo unha boa acollida por parte dos seus seguidores.Despois da experiencia adquirida sobre o escenario neste período é cando comeza a rondar pola súa mente plasmar as cancións que viña compoñendo. Finalmente, logo de acadar os medios que esixía de si mesmo para afrontar con éxito a tarefa, Robert Pier grava o seu disco “Podemos ser radiantes” (2015) en Bonham Studios.Actualmente, tras publicar en 2019 “Diversos funcionales, el disco más inclusivo de la historia” xunto coa Banda Municipal da Coruña, está en proceso de presentar o seu terceiro disco, “Todo sanará” (2023), cuxa gravación tivo a honra de contar coa valiosa produción do pianista e produtor Sergio Delgado.
Contratación
MusicarteJosé Fco. Saavedra López-Sancho 629 357 984 musicarte.rs@gmail.com