Doa é un grupo de música popular e medieval galega cunhas formas musicais propias e orixinais, que se foi conformando desde finais da década dos 70 ata chegar a considerarse na actualidade un folk de vangarda no que se combinan elementos ancestrais con recursos contemporáneos e electrónica.Os integrantes da formación son tres excelentes músicos: o guitarrista acústico e eléctrico Xoán Piñón, membro fundador do grupo, pertenceu a diversas formacións de música experimental, rock e folk, e é un dos pioneiros da música galega contemporánea; o zanfoneiro Óscar Fernández, unha das figuras máis importantes do novo folk, fundador dos Cempés e Bonovo; e a impresionante voz da prestixiosa soprano Susana de Lorenzo, posuidora de gran técnica, emoción e matices, así como dunha gran versatilidade.Co seu último disco, "A Fronda dos Cervos", dedicado á música medieval galego portuguesa, Doa acadou:-Mellor Disco 2011, XI Premios Opinión de Música Folk, Galicia.-Top 20, World Music Charts Europe, 2012.-"Discópolis", Radio 3.-Top 5, Global Village EE.UU. (95 emisoras de músicas do mundo, EE.UU.).-Discos Favoritos 2011, "Mundofonías", Radio Nacional/Exterior de España.-Finalista, World Music Central, EE.UU.-"Ritmos étnicos", RNE 5.-Revista "Rhein-Zeitung", Alemaña.-Revista "Titel", Alemaña.-Portada de verán na revista "Interfolk".-Top Ten 2011, Soas Radio, Londres.-Bests Albums 2011, WorldMusic.co.uk, Inglaterra.-"Folk Roots", Inglaterra.-CD recompilación folk "The Ultimate Guide to Spanish Folk", ARC Music, Ing
Contratación
DOAEmilio Prado (+34) 629 688 378 - (+34) 677 783 121 doa@doa-music.com xoanpinon@xoanpinon.com