• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
SÉS

“Diante un eco” é o oitavo traballo discográfico de SÉS. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

É tamén unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madureza, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, España e Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

SÉS é un auténtico fenómeno underground que basea o seu éxito na súa forza persoal e nun discurso valente, novidoso, contundente e directo que a convirte no altofalante que defende aquilo no que sería ideal crer. Considerada un dos principais referentes da escena musical galega, onde destaca polo seu carisma, a calidade das súas letras e o seu poderoso directo, a súa música viaxa entre ritmos americanos do norte e do sur, en galego e en feminino.

SÉS é licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, e medrou musicalmente no folclore tradicional galego. No seu estilo mestura, con dosis exactas, ingredientes que acadan un resultado orixinal e xenuíno: rock’n’roll, tradición galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana, desde unha actitude punk e con letras elaboradas, honestas e viscerais, que cuestionan o establecido e chaman pola unión e a dignidade.

Contratación

MIRMIDÓN PRODUCCIONES
Maruchy Suárez
(+34) 667 706 241
maruchy.mirmidon@gmail.com

Discografía

Diante dun eco

SÉS

2022, Altafonte

Liberar as arterias

SÉS

2020, Altafonte

Rabia ao silencio

SÉS

2019, Altafonte Music

Readmirando a condición

SÉS

2017, Boa Música Editorial

Opoñerse á extinción

SÉS

2016, Fol Música

Tronzar os valos

SÉS

2015, Fol Música

Co xenio destrozado

SÉS

2013, Fol Música

Admirando a condición

SÉS

2001, Airapro Producións

Vídeos

Cantan as balas

SÉS

Para cando eu morra

SÉS

Desde o altar

SÉS

A paz esquiva

SÉS

Como eu canto

SÉS

Un xeito de borrarte

SÉS

Tal vez tamén che gusten