Xosé Constenla é un cantautor galego con case 20 anos de traxectoria. Durante este tempo ten editado tres discos (“Quen fixo berrar ao silencio” –2005–, “Olladas dun entusiasta” –2008– e “Sinecismo” –2013–) e ofrecido máis de 350 concertos e recitais. As súas músicas tratan de amosar estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental. Xosé Constenla foi escollido para participar en distintos ciclos e certames de canción autor, así como distinguido con diversos premios pola súa produción.O 28 de xuño de 2013 gravou en directo no Salón Teatro de Compostela o seu terceiro disco, titulado “Sinecismo”. O traballo está composto dun CD (cunha escolla de cancións) e un DVD (coa gravación íntegra). Para esa ocasión estiveron presentes músicos do nivel de: Javier Constenla (piano), Leo Gianetto (guitarra), Rober Vázquez (batería) e Kike Calzonetti (baixo).Ao longo do ano 2015, Xosé Constenla estivo traballando no seu cuarto álbum que será publicado a comezos de 2016 co título de “Virada por avante”. Este traballo foi producido por Fredi Marugán e masterizado por Oscar Herrador (Stateroom Studios). As cancións deste disco achéganse ao folk rock americano e as guitarras acústicas adquiren un papel protagonista. “A luz entre a desorde” foi o tema escollido como lanzamento desta produción.
Contratación
Setestrelo EditoraXosé Constenla Vega (+34) 618 123 883 setestreloeditora@gmail.com